334 días 23 horas
50 mins 33 segs

A miña nova web chegará pronto.

Si, está a suceder de novo: quero actualizar a web! Namentres é redeseñada, nesta web atoparás algunha información que quizais andas buscando. E, por suposto, para solucionar calquera dúbida tamén podes contactar comigo.

Fai scroll para máis info

  • Sobre
  • Contacta
  • Subscribete

Descubre.

Esta web é só un pequeno avance dunha nova que está por vir e que será moito máis completa, bonita e funcional. Estas son só algunhas das melloras coas que contará...

Responsive Design

É como unha moda. Todas as webs do mundo ou, polo menos, as que se preocupan pola xente que as visita saben que, nunha época na que unha grande parte do tráfico que chega a nós vén dos smartphones, cómpre adaptar as páxinas a todos os dispositivos e que se vexan bonitas, claro.

Retina Ready

Para que o vexas todo clariño e, como se din en inglés "super crispy"!.

Deseñada con estilo

Deseñada cun estilo entre moderno e simple. Tamén actualicei a miña imaxe: logo e logotipo... Falando disto, agardo que me dure polo menos dous anos e non o volva cambiar dentro de pouco!

Cluster de webs

A idea é agrupar dunha vez por todas canta web e páxina solta teño por aí para facelas máis accesibéis e localizábeis. Que queres ir ao meu blog? Entras en miguel-anxo.com, click en "blog e listo".

Toda a información

Toda a miña información académica e profesional contida nunha soa web que funcione tanto de curriculum dixital como tamén de portfolio. Accesíbel desde calquera parte do mundo, a calquera hora e desde calquera dispositivo! Xa non hai excusas para non contratarme :-P

Entendermonos!

Esa será máxima. Por iso, as webs principais estarán dispoñíbeis en varios idiomas: portugués, galego, inglés e español. As linguas son riqueza e cantas máis coñecemos mellor, verdade? Pois poñamos en práctica esa idea :)

Falamos?

Tes preguntas, dúbidas ou só queres saudar? Este é o teu sitio! Completa o formulario e dálle a "Enviar". Estou sempre atento e contesto rapidiño :)

Enviando...
A túa mensaxe foi enviada correctamente! Graciñas!

Subscríbete!

Queres saber cando está lista a web e outros avisos importantes da miña rede? Déixame o teu enderezo e avisareite destes detalles puntualmente. Por certo, non fago envíos masivos nen mando spam, queda tranquila.

E de momento, que?

Para máis información relativa á miña formación académica e profesional (se é iso o que andas a buscar) recoméndoche que visites o meu perfil en Linkedin. Ou probar con algunha das redes nas que estou metido.